Axenda variada para as próximas horas

0
420

PADERNE - AREAS 2010

A oferta de festas para a noite de hoxe e a xornada de mañá é moi variada, non hai máis que botarlle unha ollada para ver que hai diferentes propostas cun denominador común: a festa popular.

En Areas (Paderne, ao lado de Betanzos) temos unha festa de campo, das de sempre: música e gastronomía da terra. Gran churrascada e verbena amenizada pola orquestra OLYMPUS. Adragonte, parroquia onde terá lugar a xa tradicional festa, está a 7 km de Betanzos pola estrada de Irixoa ou tamén pola estrada que vai a Vilalba (Lugo).

En Arzúa celébrase a 35º edición da Festa do Queixo. Gastronomía, actividades variadas e música de grupos da terra e de fóra en dous espazos xa tradicionais: a Praza de Galiza e o Campo da feira. Podes consultar o programa completo na entrada de onte en Festa a Festa.

No concello das Neves (Pontevedra), en Taboexa, levarase a cabo unha macroverbena para recadar fondos para Haití. A música de cinco orquestras da axencia Alfa3 poñerá a festa a unha causa solidaria: JUAN MALLO, SUAVECITO ORQUESTA, AMISTAD, LOS PLAYER’S e PANORÁMICA son as agrupacións encargadas de amenizar a gala.

En Baiona lévase a cabo a Festa da Arribada, de Interese Turístico Nacional, con numerosas actividades que nos trasladarán á época medieval. Podes consultar o programa completo na páxina web do Concello de Baiona. Tes o enlace na anterior entrada de Festa a Festa.

E máis, porque non se acaba aquí a oferta festeira: en Torneiros (O Porriño) a festa de San Rosendo. Hoxe LEDICIA ESPECTÁCULO e o grupo AMÉRICA; mañá ACHÉ e o grupo ISLA. Na Pastoriza (Lugo) a Festa das freces e bola de liscos na parroquia da Bretoña. Hoxe música coa orquestra VENEZIA.

Ademais temos a sorte de que están ben repartidas e non se “pisan”; podemos ir á que nos quede mellor. Comezan xa as festas, o duro do inverno vai alá e agora é tempo de preparativos para as primeiras verbenas da temporada, anticipando un verán verbeneiro que loitará contra a crise e acenderçá as súas mellores luces para a verbena

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*