Ézaro, a praia máis festeira

0
540

dumbria-festa-da-praia-ezaro-2009-cartel-2009Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño

FESTA DA PRAIA DO ÉZARO (DUMBRÍA) DO 31 DE XULLO AO 2 DE AGOSTO

A Praia do Ézaro celebra esta fin de semana as súas festas con multitude de actos lúdicos.

No apartado musical destacan as verbenas e o concerto do sábado. Hoxe venres actúan as orquestras FANIA BLANCO SHOW e PHILADELPHIA e haberá unha sesión con DJ.

O concerto do sábado terá como convidados os grupos: BAKIN’BLUES, LA BANDA DE LOS DENUNCIADOS e TRAPOS SUCIOS. A orquestra estará amenizada pola orquestra NOVA PALMA de Corcubión.

O domingo, a fin de festa será levada pola orquestra VENEZIA, que actuará de novo en Mazaricos o día 8, na Festa da Fervenza xunto coa PANORAMA e a OLYMPUS de Negreira.

O programa complétase con diversas actividades deportivas, espectáculo de maxia, xogos populares e sardiñada. Máis variado sería case que imposible.

PROGRAMA COMPLETO

(Fonte: www.quepasanacosta.com)

Venres 31 de xullo de 2009

  • Campionato de Fútbol Praia Sub 16;
  • Actuación das Orquestras: PHILADELPHIA e FANIA BLANCO SHOW
  • Festa con Dj no pub da comisión.

Sábado 1 de agosto

Domingo 2 de agosto

  • Finais do Campionato de Fútbol Praia Sénior.
  • Sardiñada Popular.
  • Charanga Os Celtas
  • Inchables.
  • Carreira de Chalanas.
  • Xogos populares.
  • Orquestra VENEZIA.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*