O Barco vive as súas festas grandes

0
322

orquesta-costa-oeste-cartel-2009A orquestra Costa Oeste forma parte do cartel das Festas do Cristo no Barco de Valdeorras

As festas máis importantes da localidade do Barco de Valdeorras comezaron a súa andaina ata o vindeiro martes. Cinco días de celebración que comezaron o venres coa actuación do grupo TRIUNFO e o concerto de MIGUEL COSTAS.

As festas barquenses continúan o sábado co concerto de THE SUNDAY DRIVERS e a actuación da orquestra COSTA OESTE. O domingo de novo haberá concerto, esta vez da man de LA MARAVILLOSA CABEZA PARLANTE e verbena a cargo doutra orquestra rianxeira, GRAN PARADA. O luns a festa estará amenizada pola orquestra OLYMPUS e o martes, último día das festas, a orquestra PONTEVEDRA será encargada de poñer o broche final.

Algúns veciños do barco quéixanse do nivel dos concertos, que non das orquestras, desta edición. Afirman nalgúns foros de festas e tamén nalgúns portais específicos do Barco que este ano o nivel das atraccións musicais é máis baixo do habitual. Non tanto polas orquestras, nas que hai moi boas formacións, pero si dos concertos contratados. Afirman tamén que algunhas localidades da comarca levan mellor cartel neste sentido que O Barco, capital comarcal de Valdeorras.

As do Cristo son as festas máis importantes do Barco. Tamén están as de Santa Rita, no mes de maio, con orquestras máis modestas, sen concertos e con menos días de festa. A orquestra PONTEVEDRA tamén formou parte do cartel de Santa Rita en 2009.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*