Comeza o tour 2010 da orquestra Galilea

0
509

orquesta-galilea-2010-cartel-pequenoEsbozo do que será o novo cartel da orquestra Galilea da Estrada

A orquestra estradense GALILEA comezou nesta pasada ponte o que será a súa xira 2010 polas festas e salas de Galicia.

Como en case todas as formacións de verbena galegas, na orquestra da Estrada tamén hai algúns cambios de músicos. En canto á dianteira, foi o pasado ano cando se levou a cabo unha profunda transformación coa substitución de tres cantantes. Nesta temporada a dianteira permanece sen alteracións e así continúan o venezolano Carlos Colmenares e o canario Mario Guillén, famoso este último tamén pola súa etapa en ARMONÍA SHOW e OLYMPUS (nos tempos anteriores a Peque e Danni, con Iván Gámez -hoxe en CICLÓN-).

Nas voces femininas Rosanna e Patricia Santiago. Esta última chega a GALILEA en 2009 despois de pasar por orquestras como SONORA ou MILLENIUM entre outras; pola súa parte Rosanna traballou co grupo LA OCA de Sanxenxo.

No cadro de músicos continúa ao trombón Alexandre Barcala (coñecido como Xandre); na percusión unha muller, Gretchen Pineda; José Luis na guitarra; Nando na batería e no saxo Álex Prieto, que tamén realiza coros e pode presumir de ser o máis veterano da orquestra GALILEA.

Hai tres novas incorporacións de músicos á orquestra estradense para 2010: no baixo Julio, na trompeta Yuri e nos teclados a que será a segunda muller no cadro de músicos, Dayana.

Nova temporada para GALILEA, que promete ser espectacular.

orquesta-galilea-2010-felicitacion-ano-web

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*