A Moreniña trae unha semana de festa rachada

0
519

FESTAS DA GUADALUPE 2010, RIANXO

rianxo-guadalupe-2010-cartelO ROCK IN RIAN, abre as festas máis populares de Galicia, ou unhas das máis populares. Se hoxe comeza en Muxía a romaría galega máis importante, en Rianxo está para moitos a cita festeira principal: A Guadalupe comeza hoxe e traerá ata o próximo venres un cartel impresionante onde manda a música de dúas e ata tres orquestras diarias.

rianxo-guadalupe-2010-rock-in-rian-cartelO Rock in Rian abre hoxe as festas da Guadalupe en Rianxo

A festa rianxeira anda a niveis de altura, ao carón do San Froilán lucense ou o Apóstolo compostelán. Non en van presenta un cartel completísimo de verbenas, actividades deportivas, fogos de artificio, música de bandas, procesións marítimas, etc.

As verbenas celebraranse, como vén sendo costume, na praza central e o recinto de atraccións de feira, por terceiro ano consecutivo, está instalado nas inmediacións portuarias.

Dúas formacións orquestrais diarias ata o vindeiro xoves e o venres, día grande, actuación de tres bandas: OCÉANO, MARBELLA e CHARLESTON BIG BAND. Ás dúas da madrugada desa longa noite rianxeira, o espectáculo das bengalas e o canto da Rianxeira, como cada ano.

Comeza hoxe en Rianxo unha maratón festiva de festa rachada durante unha semana.

Ofrecemos o programa completo da Guadalupe e para máis información podes visitar a páxina web: www.guadaluperianxo.org. Boa festa!

http://pasionorquestas.blog.galeon.com/img/guadalupe10.jpg

http://pasionorquestas.blog.galeon.com/img/guadalupe11.jpg

http://pasionorquestas.blog.galeon.com/img/guadalupe12.jpg

http://pasionorquestas.blog.galeon.com/img/guadalupe13.jpg

http://pasionorquestas.blog.galeon.com/img/guadalupe14.jpg

http://pasionorquestas.blog.galeon.com/img/guadalupe15.jpg

http://pasionorquestas.blog.galeon.com/img/guadalupe16.jpg

http://pasionorquestas.blog.galeon.com/img/guadalupe17.jpg

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*