Día da Muiñeira en Pontedeume

0
371
dia-da-muineira-pontedeume-2009Podes clicar para ver o cartel coa información a maior tamaño

Quen non saiba que facer esta tarde ten unha moi boa convocatoria en Pontedeume na XXVI edición do Día da Muiñeira.

A xornada está organizada pola Asociación Folklórica e Cultural Orballo de Pontedeume e o concello. Esta asociación celebra así os seus 30 anos de existencia, todo un mérito de compromiso coa cultura propia e o noso folclore.

Os actos comezarán ás 5 da tarde coa concentración dos Grupos na Alameda de Raxoi, media hora máis tarde comezará o desfile polas principais rúas da vila para comezar os actos centrais a partir das 6 da tarde no paseo marítimo da vila.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*