Carral exalta o seu produto estrela na VIII Festa do Pan

0
352

carral-festa-do-pan-2010-cartelCartel promocional da VIII Festa do Pan feito por dous nenos irmáns e veciños do concello

A vila de Carral celebra importantes festas e feiras como son a do queixo ou a da empanada (incluída esta última nas festas do Socorro, no mes de setembro). Por iso non é de estrañar que o produto estrela tamén teña a súa exaltación.

Esta fin de semana longa ten lugar unha nova edición da Festa do Pan de Carral, e xa van oito. Entre as actividades programadas destaca novamente a Feira Medieval con espectáculos de zancudos, malabaristas, artesáns de coiro, prateiros ou esmaltes e obradoiros de soprado de vidro ou pintado de tellas entre outros moitos.

As actividades complétanse cun obradoiro de elaboración de pan para nenos, teatro, mostras de maquinaria e artesanía, actuacións musicais polas rúas e a venda do bocadillo quente de xamón con tomate.

O domingo, día central das festas, actuará a orquestra LA BÁMBOLA de Vilagarcía de Arousa. Este é xa o segundo ano consecutivo de actuación da orquestra na Festa do Pan carralesa. Ademais, ao coincidir o Día das Letras a luns, esta edición será de tres días cando tradicionalmente viña sendo de dous. Carral empeza a acoller as súas tradicionais festas, o primeiro en tela é o seu produto estrela: o pan.

Para coñecer o programa completo da VIII Festa do Pan de Carral visitar a páxina web do Concello de Carral, na sección festas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*