Meicende abre as súas Festas do Verán

0
388

orquesta-marbella-lights-show-2009-cartelA orquestra Marbella Lights Show actuará o luns 17 nas festas de Meicende despois de actuar o día anterior en Betanzos

Por estas datas, como cada ano, hai unha parroquia importante de Arteixo que está de festas: Meicende. Aínda que se queremos ser exactos son tres as localidades que se xuntan para facer unhas festas potentes: Meicende, Borroa e Nostián.

Xa no mes de maio houbo festa, como cada ano, os días 1 e 2 de maio, pero son as de agosto as máis importantes. Durante seis días o campo da festa, situado no centro da vila, ao pé da estrada que sobe cara a Pastoriza, encherase de xente para gozar dunhas festas que teñen boa sona pola zona.

XOVES 13:

No primeiro día haberá cine. Coa proxección da película “Pequeños Salvajes”.

VENRES 14:

A música vólvese o venres o principal reclamo das festas. Desta volta cunha discoteca móbil que xa estivera nas festas patronais de Arteixo. SPACEMUSIC trae o seu espectáculo de música, luz e gogós ás festas de Meicende.

SÁBADO 15:

Primeira gran verbena a cargo da orquestra SALSA ROSA.

DOMINGO 16:

Segunda gran verbena a cargo do grupo asturiano TEKILA.

LUNS 17:

Terceira gran verbena a cargo da orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW.

MARTES 18:

Última verbena a cargo da orquestra canaria ARMONÍA SHOW.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*