Breamo, unha romaría que saúda e despide o verán

0
413

Romaría de Breamo (Pontedeume) 2009

VENRES 8 DE MAIO, ROMARÍA DE BREAMO (PONTEDEUME)

Esta famosa romaría ten lugar en Pontedeume e consiste na peregrinación ata o cume do monte Breamo (303 m.) onde se atopa a igrexa románica de San Miguel, unha das máis fermosas da bisbarra. Alí celébrase unha festa tanto eclesiástica (na honra de San Miguel) coma pagá dúas veces ao ano. A primeira vez realízase en maio e a segunda a finais de setembro. Festas que serven para que os eumeses lle dean a benvida ou a despedida ao verán.

Desta volta toca a benvida, mañá día 8 de maio entre son de gaitas e nunha paraxe envexable tanto para ir ese día como para organizar unha camiñada calquera outra data do ano.

Para estares informado das festas de Pontedeume e concello visita: Pontedeume en festas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*