Galicia en festas, unha nova aventura verbeneira

0
614

galicia-en-festas-cabeceira

Galicia en festas, así se chama a herdanza do Blog Verbeneiro, para aqueles asiduos das webs dedicadas ás orquestras, un dos blogs máis completos que había ata hai dous anos, co permiso do amigo Santos (orquestas Santos 5c), por suposto.

Pois o Blog Verbeneiro volve de novo para ternos ao tanto da actualidade das nosas orquestras e festas, con novo nome GALICIA EN FESTAS, pero de seguro que coas mesmas ganas ou aínda máis se cabe.

Unha web moi completa con diferentes apartados de música, noticias, datas de actuación, enquisas, etc… que se suma á xa extensa lista de webs dedicadas ao mundo das orquestras populares en Galicia.

Porque notarán os responsables da nova páxina que a familia medrou, e moito. Desde hai uns meses para aquí o escaso número de blogs e webs dedicados ás orquestras multiplicouse para alegría dos seguidores. Se hai un par de anos existían tres sitios específicos sobre o tema, isto é, Xuvecurtis, Orquestas Santos 5c e o Blog Verbeneiro, dos cales só se mantivo o noso amigo Santos, agora somos máis os que ampliamos a familia.

Non podemos deixar de mencionar a PASIÓN ORQUESTAS, unha das webs máis completas que existen actualmente en Galicia, e a RADIO LA FIESTA, xa máis técnica e en plan profesional, ou ao blog SOLORQUESTAS sen esquecerse por suposto de ORQUESTAS SANTOS 5c, que acordo a nacer xa hai anos e que sigo desde o principio.

Tamén temos que mencionar os compañeiros de RIANXEIROS EN FESTA, unha web de orquestras e festas pero máis específica do entorno do Barbanza, con base en Rianxo.

Para rematar, queremos por un lado desexarlle a GALICIA EN FESTAS tan boa acollida como a que tivo FESTA A FESTA desde hai pouco máis dun mes, con miles de visitas ata o día de hoxe, e por outro lado lembrar o primeiro sitio específico dedicado ás orquestras como foi XUVECURTIS, que marchou un día de vacacións e non volveu.

Sen comentarios

  1. É moi bo que haxa tantos sitios para poder falar da verbena e compartir opinions. Eu queriache pedir un favor xa que son fan de Panorama desde fai moitisimos anos e sobretodo fan de Diana Cea ( unha das mellores voces por non decir a mellor) era por si me deixabas collerche a foto que tes abaixo dela pa poñela no seu fotolog que andamos algo escasas de fotos. Gracias

  2. Ola JUDIT.

    Xa somos dous, porque eu tamén son fan de Panorama desde hai 11 anos e de Diana. Podes usar a foto para o fotolog. Se é unha non pasa nada pero se son máis podes collelas tamén pero o que che agradecería é que nos mencionases nalgunha esquiniña ou ben roxegar ou ben festa a festa; non é por ti, é por todos os que andan a coller fotos de Internet e despois as colgan por aí adiante como se fosen propias, porque xa me ten pasado con varias fotos da gala de Cambados e outras da París de Noia

    Un saúdo!!!!

Deixa unha resposta


*