Ordes: resaca despois do colapso

0
302

I love Panorama

O estar entrando en caravana ás 20.00 en Ordes xa predicía o que alí se ía montar tres horas e media despois: unha avalancha en toda regra. Coa xente que estaba a mirar os ensaios de PANORAMA con Baute, Marta Sánchez e Melocos xa se facía unha boa festa.

E é que as previsións se desbordaron. Desde o Concello de Ordes contaban con 30.000 persoas pero Protección Civil, sen dar datos concretos, informaba ao alcalde de que na vila había “entre 40.000 e 60.000 persoas”.

A organización do evento resultou todo un éxito. Non houbo incidentes nin se precisou mobilizar ambulancias. O único “punto negro” achacable exclusivamente á concesionaria da autoestrada foron as grandes retencións nas peaxes.

O alcalde de Ordes, Manuel Rego, afirmou no programa de Marcial Mouzo Pensando en ti, que ía poñer unha queixa formal polos colapsos na autoestrada nos que se viron centos de vehículos atrapados unha media de entre unha e dúas horas. Moitas persoas lograron acceder ás proximidades do concerto, que non ao recinto, pasadas as dúas da mañá -entre elas os usuarios de tres autocares procedentes de Forcarei- para ver desde lonxe só as últimas actuacións da noite. Moita xente, iso si, preferiu continuar a festa en LP 45 ou en calquera dos locais de marcha en Ordes antes de ter que aturar quilométricas caravanas para saír de alí.

Xa á última hora da mañá, empezando a abrir o día, podíase intuír polas moreas de lixo, que o que alí pasara horas antes fora todo un acontecemento que, en palabras do alcalde, ten todas as trazas de repetirse dentro dun ano.

Por parte do público non lle imos poñer ningunha pega.

Sen comentarios

  1. ¿¿¿Por casualidad no sabréis de dónde es la foto de la portada del blog??? ¿¿¿Ribeira??? ¿¿¿Cuándo son las fiestas de allí??? Porque pintan bien…

  2. Ola Peter, benvido ao blog. Efectivamente é unha foto das festas do verán de Ribeira.
    En Ribeira no mes de xullo celébrase a Festa da Dorna que ten o 24 como día máis importante, e na primeira semana de agosto son as Festas do Verán. Son das citas festeiras máis importantes do verán no Barbanza.
    Saúdos.

Deixa unha resposta


*