Catro orquestras para Lariño

0
201

carnota-larino-2009-cartelA localidade de Lariño, no concello coruñés de Carnota, está de festas. Para amenizar as celebracións, a comisión organizadora conta coa actuación de catro orquestras da axencia de espectáculos Lito S.L. Os días 11 e 12 hai diferentes actos festivos e o 13 e 14 complétanse coas verbenas. Concretamente mañá actúan PANORAMA e COSTA OESTE e pasadomañá día 14, JERUSALÉN e a orquestra GALILEA da Estrada.

Nalgunhas das formacións poderemos ver xa algunhas das novas fichaxes para a vindeira temporada, polo menos no caso da orquestra JERUSALÉN, na que se estrearán as dúas voces femininas, Noela Rivas, ex OCÉANO e Yenina Alonso, ex PHILADELPHIA. Tamén entra para a nova formación JERUSALÉN 2010 Jorge López Ortiz, ex percusionista de TANGO. De momento este músico é o único que se incorporou e en breve farano as cantantes. Noela está rematando a temporada con OCÉANO.

Durante as dúas xornadas, ademais das verbenas haberá hinchables infantís, pasarrúas e bailes tradicionais.

orquesta-costa-oeste-cartel-2009MARTES 13: COSTA OESTE E PANORAMA

orquesta-panorama-2009-cartelafiche-galilea-2009MÉRCORES 14: GALILEA E JERUSALÉN

orquesta-jerusalen-2009-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*