Festa rachada en formato festival

0
461

Cartel Festival do Norte '09

FESTIVAL DO NORTE DE VILAGARCÍA 2009

Esta fin de semana, ademais das diversas festas que se desenvolven por Galicia adiante e que anticipan un verán cargado de celebracións, ten lugar o Festival do Norte ’09, no recinto exterior do Fexdega de Vilagarcía de Arousa.

Este evento, que xa vai pola súa oitava edición, ofrécenos as actuacións de artistas como Herman Dune, The Wip, The Rumble Strips, Vetusta Morla, Russian Red, Love of Lesbian, Ragdog e así ata 18 grupos e 4 discjokeys que actuarán distribuídos en tres escenarios.

O festival vilagarciano viu pasar polas súas diferentes edicións a importantes bandas como Placebo, Deluxe, Fangoria, Catpeople, Sidonie ou persoeiros da música como Manu Chao, pero tamén se caracteriza polo apoio que lles brinda a novos talentos, sendo así un trampolín importante para grupos galegos.

Os días 1 e 2 de maio tes unha cita musical importante en Vilagarcía de Arousa: o Festival do Norte ’09.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*