Coa temporada acabada de empezar, algunhas orquestras non sairán este ano, cerrando temporal ou definitivamente; outras (a gran maioría) continuarán como de costume e xa ofrecen as súas datas de maio (moitas delas, afortunadamente, traballaron o inverno); tamén hai orquestras novas (bastantes, para sorpresa do público) e algunha que reaparece, como o caso de FOLIADA.
Se consideramos que algunha vez cerrou, pois o caso de non traballar en 2016, como todos sabemos, foi debido a un gravísimo accidente na Coruña con feridos e un músico morto. Ante aquel fatal suceso a dirección da orquestra decidiu cancelar a temporada 2016 de FOLIADA, que ía comezar aqueles mesmos días en terras de Pontedeume.
Pero hai que pasar páxina, por moito que doa… por iso este ano a orquestra coruñesa sae máis potente que nunca para ofrecer un novo espectáculo, con novos compoñentes e novo repertorio. A última fichaxe acaba de cerrarse hai poucos días, e así, Michael Cortez, un experto cantante masculino de sobra coñecido na verbena galega, é o novo integrante que chega á orquestra para acompañar na dianteira a Rocío Varela, Lidia Sueiro e Polito.
Sen dúbida este ano FOLIADA vai dar moito que falar, e que bailar!