Acaba a Guadalupe e comeza o Nazareno

0
410

suavecito-orquesta-2010-cartel-pequenoOrquestras como Suavecito ou Los Player’s actuarán estes días nas festas do Nazareno, na Pobra do Caramiñal, corazón do Barbanza

Hoxe é o gran día en Rianxo. Despois dunha semana pola que pasaron 15 orquestras e grupos de verbena e ata seis agrupacións de rock á parte de charangas e bandas de música, esta noite, ás dúas da mañá o ceo da vila de Castelao brillará como só o fai na Guadalupe. Milleiros de bengalas á xunta farán que a celebración rianxeira sexa por uns minutos un encontro emocionante entre os veciños e visitantes. A música de tres agrupacións musicais: OCÉANO, MARBELLA e CHARLESTON BIG BAND, que interpretarán tamén a esa hora a Rianxeira en cadanseu escenario fará vibrar un ano máis a praza central da vila.

Pero a festa non rematará aí, nin moito menos. O baile prolongarase ata as 9 da mañá, como cada ano, de maneira que algúns acabarán a celebración a plena luz do día e outros irán á casa cambiar a roupa e ducharse para gozar das últimas pezas con aires renovados. Hai anos nos que se conta máis xente ás nove da mañá que ás nove da noite. Así é a Guadalupe rianxeira, inimitable.

E coa Guadalupe tampouco han de rematar as celebracións no Barbanza. A Pobra do Caramiñal abre as súas festas do Nazareno, as últimas da temporada. O primeiro día de verbena, coincidente sempre coa Guadalupe, traerá a múasica de dúas agrupacións como son ODISEA e TANGO.

O sábado pasarán pola Pobra TROPICANA e POCEIRO. Domingo, día grande das festas, onde destaca a procesión multitudinaria e a gran traca de pólvora semellante á da Barca de Muxía, actuarán STRADIVARIOS e SUAVECITO.

Xa para rematar o luns, día do combate naval, as encargadas do cerre serán as orquestras LEDICIA e PLAYER’S. Case todas as orquestras que estarán na Pobra forman parte do catálogo de Alfa3 Producciones.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*