O lado festeiro do Festival de Cans

0
231

programacion-musical-cans-2009Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño

VI FESTIVAL DE CURTAS DE CANS. DO MÉRCORES 20 AO SÁBADO 23 DE MAIO NO PORRIÑO

Xa estamos ante unha nova edición do exitoso Festival de Curtametraxes de Cans, a sexta. Pero este evento cultural non é só cine, tamén trae música, e da boa.

Se nos centramos exclusivamente na parte festeira, destacaremos a actuación de KIKO VENENO, un músico dos máis importantes do panorama musical español dos últimos tempos. Actuará no Porriño o venres 22 acompañado pola BANDA DEL RETUMBE e aproveitará para presentar as novas cancións do seu próximo disco.

Ademais, a actuación de KIKO VENENO estará precedida da estrea mundial do conxunto TETÉ DELGADO Y LOS CICLONES. A presentadora e actriz estréase na casa (O Porriño) nun dos eventos máis importantes do seu concello.

O sábado acollerá outra importante actuación, a de LAMATUMBÁ, que bautizou a súa xira como PARAUGAS TUR 2009 en clara referencia ao seu último disco Paraugas universal (Non se está notando nada que me gusta moito este grupo da terra).

A programación musical do VI Festival de Curtas de Cans complétase con outras actuacións como a da TUNA RASTAFARI ou CÉ ORQUESTRA PANTASMA, que podes consultar no cartel ou no programa e que ofrecerán un bo complemento musical a outras actividades relacionadas coas curtametraxes.

O evento terá lugar na parroquia de Cans (mércores, venres e sábado) e no Porriño (o xoves). Na edición anterior pasaron polo certame máis de 5.000 persoas. A xulgar polo cartel de 2009 de seguro que se incrementa o número de asistentes.

Programa completo do VI FESTIVAL DE CURTAS DE CANS

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*