O gran dilema

0
415

II Gala contra o cancro - Panorama 2009

A onde imos de troula o xoves?

O cambio de mes preséntase repleto de festas para os amantes da verbena. Dúas citas importantes, ao mesmo tempo que excluíntes por coincidiren no calendario, destacan na axenda festiva do día 30 de abril.

Por unha banda a II Gala contra o Cancro que organiza a axencia de espectáculos da PANORAMA e que sobe ao escenario da nomeada formación musical a artistas do nivel de David Bisbal, Baute, Bustamante, Marta Sánchez ou OBK entre moitos outros, ademais de varios participantes do programa de Cuatro Fama, a bailar!

De seguro que o Campo da Feira de Ordes vai quedar pequeno igual que o ano pasado a praza de Fefiñáns, en Cambados, na I Gala. Alí estabamos coma sardiñas en lata e moita xente tivo que se conformar con ver de lonxe, desde as rúas de acceso, o espectáculo.

Festa da Mocidade de Boqueixón 2009

Doutra banda, Boqueixón organiza a súa Festa da Mocidade por cuarto ano consecutivo. A celebración é no campo de fútbol do Forte e contará coa actuación de catro orquestras de primeiro nivel como son a PARÍS DE NOIA, a OLYMPUS, a PHILADELPHIA (todas elas actuaron xa nalgunha ocasión nestas festas) e a COSTA OESTE, que se estrea en Boqueixón nunha celebración que cada ano parece ir a máis.

Lembro que as primeiras edicións destas festas tiñan lugar na praza central de Lestedo, pero debido ao seu éxito e á grande afluencia de xente tivéronse que levar para o campo de fútbol.

Os amantes das verbenas témolo difícil para escoller unha opción pero o que si é certo é que tanto en Ordes coma en Boqueixón a xente  se vai contar por miles, sempre que o tempo o permita, que parece que si.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*