E aínda hai máis festas no Barbanza

0
366

ribeira-corrubedo-2010-santa-tecla-cartel

Corrubedo (Ribeira) e A Pobra do Caramiñal están de festas novamente. Son menores en ambos sitios pero é festa á fin e ao cabo. Dicimos que son menores non polas orquestras que actúan senón porque as “grandes” se celebran en agosto no caso da vila ribeirense e acaban de ser na Pobra (O Nazareno).

Aínda así, non ben acabados de repoñérense da troula os pobrenses teñen unha nova xornada de festa na que se celebra o día das Mercedes. Con misas e música a cargo dunha orquestra veciña: ODISEA desde Porto do Son. Iso si, será unha única xornada festiva despois das catro que veñen de ser para celebrar o Nazareno.

No caso de Corrubedo, aínda que non son as festas máis importantes, hai tres xornadas festivas que comezaban onte con LOS TROVADORES, que este ano actuaron moito no concello de Ribeira (festas do Verán, festas de Santa Uxía, festas de Oleiros, etc…). As celebracións continúan con outras formacións musicais ata o sábado. Agora si que vai haber que ir pensando en cerrar as festas ata o ano que vén…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*