Calú Méndez ficha pola orquestra Los Príncipes

0
364

orquesta-los-principes-2010-foto-caluCalú Méndez é o novo cantante da orquestra coruñesa Los Príncipes / Foto: Calú Méndez

A nova temporada 2010 preséntase chea de cambios tamén para a orquestra coruñesa LOS PRÍNCIPES. Quizais o máis destacado sexa a incorporación na dianteira do cantante Calú Méndez, procedente doutra orquestra coruñesa, a VERSALLES.

Calú é xa un gran coñecido no mundo da verbena. Estivo en grupos como D’MODA ou ALKAR, pero onde se fixo ben coñecido foi na súa etapa en CINEMA formando dúo con Alberto Dopico.

Nesta temporada 2009 que acaba de rematar para a maioría das formacións musicais Calú estivo traballando na orquestra VERSALLES formando parte da dianteira xunto con Jonathan Enrique, Sara Piñeiro e Sanela Ferizovic.

En 2010 veremos a Calú Méndez na orquestra LOS PRÍNCIPES, que levou a cabo unha gran renovación en 2009 no repertorio, nos integrantes e mesmo no escenario que estreou ao comezo do tour. Este ano hai de novo renovación en LOS PRÍNCIPES, polo menos no apartado de integrantes; David Bouzón abandona a orquestra para formar parte da nova dianteira do grupo CHASTON, entre outros cambios dos que iremos informando.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*