Carral exalta o seu produto estrela na VII Festa do Pan

0
481

Bolo de pan de Carral

Fotografía tomada de Pan Ignacio

A vila de Carral celebra importantes festas e feiras como son a do queixo ou a da empanada (incluída esta última nas festas do Socorro, no mes de setembro). Por iso non é de estrañar que o produto estrela tamén teña a súa exaltación.

Esta fin de semana ten lugar unha nova edición da Festa do Pan de Carral, e xa van sete. Entre as actividades programadas destaca novamente a Feira Medieval con espectáculos de zancudos, malabaristas, artesáns de coiro, prateiros ou esmaltes e obradoiros de soprado de vidro ou pintado de tellas entre outros moitos.

As actividades complétanse cun obradoiro de elaboración de pan para nenos, un espectáculo de Capoeira e a venda do bocadillo quente de xamón con tomate.

O domingo, para cerrar a festa, actuará a orquestra LA BÁMBOLA de Vilagarcía de Arousa.

Programa VII Festa do Pan de Carral

Sen comentarios

  1. Yo lo que quiero saber es cuando son las fiestas de Carral en honor a su patrona El Socorro y que orquestas van no la fiesta del pan que ya pasó.

    • Ola Lorena.
      Claro que a Festa do Pan xa pasou, pero esta noticia no seu momento non pasou. Fíxate na data de publicación. En canto teñamos datos das festas de Carral xa os poñemos aquí. Saúdos

Deixa unha resposta


*