“Dun lado pra outro”, hoxe en Sanxenxo

0
474

Grupo La Oca - 2009 - 002 SanxenxoO grupo de Sanxenxo, La Oca, actúa esta noite na casa / © foto: roxegar 2009

Sanxenxo abre esta noite a segunda parte das súas festas. Despois de dous días festivos a semana pasada, para conmemorar o patrón, hoxe comeza a denominada feira das cebolas, que traerá actividades lúdicas e festivas ata o domingo.

E no apartado musical non poden empezar as festas de mellor maneira. Garantía de éxito e convocatoria cun grupo que é da casa, literalmente falando. LA OCA actúa hoxe en praza coñecida, para os seus veciños, igual que o fixera xa a edición anterior.

O recorte no presuposto festeiro fai que desta volta os amigos de LA OCA actúen sós, como única formación contratada, o que non implica que non haxa boa festa na praza do Mar; moi ao contrario, é un grupo que sabe levantar e manter a festa ata o último tema.

E mañá sábado haberá de novo verbena nas festas de Sanxenxo, a orquestra TAMBO e o grupo FÓRMULA serán os encargados de amenizar a noite na que shaberá un gran combate naval. E xa o domingo poderemos volver gozar dunha noite verbeneira de novo: COSTA OESTE será a orquestra encargada de poñer a guinda de cerre no concello pontevedrés máis turístico. A banda liderada por Javi Comesaña trae cambios no repertorio con respecto a meses pasados e está estreando tamén un flamante escenario coa tecnoloxía máis avanzada en imaxe e son.

Pero iso será o domingo, hoxe toca festa cos inventores da frase “dun lado pra outro”. Os inventores? Si. É unha frase que utilizan hoxe moitísimas orquestras coma se fose súa pero non. A frase a ritmo de vals saíu hai anos do palco dun pequeno grupo que hoxe é moi grande porque é garantía de baile e boa festa. Non hai máis que botar un ollo ao calendario de actuacións para darse conta de que, en tempos de crise, cobren sen problemas a maioría dos días de cada mes que pasa, por diante de moitas orquestras “grandes”, froito sen dúbida do seu traballo e bo facer. Eles son LA OCA.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*