Unha Ascensión de sete días en Compostela

0
382

Santiago de Compostela - 2010 - Festas da Ascensión - cartel Cartel promocional das Festas da Ascensión 2010 en Santiago de Compostela

As festas da Ascensión 2010 comezan hoxe en Compostela. O programa deste ano estírase ata os 7 días (normalmente as festas pequenas de Santiago duran ao redor de cinco días) e, malia o recorte de presuposto, o cartel é moi atractivo, proba de que non todo é ter cartos para organizar uns bos festexos.

O programa de orquestras é moi variado, e así pasarán pola Alameda formacións orquestrais diversas: PARÍS DE NOIA, LOS PLAYER’S, ALARMA, GALILEA ou o grupo ALCOTÁN.

E o resto de actividades son tamén moi variadas. En Festa a Festa iremos publicando cada día o programa compostelán que, en pleno ano Xacobeo, constitúe un grande esforzo por elaborar con menos cartos ca noutras edicións, un cartel verdadeiramente interesante e variado e que inclúe desde as atraccións de feira na Alameda ata concertos no Campus Sur, deportes, volta ciclista…

santiago-de-compostela-ascension-2010-programa-i

orquesta-paris-de-noia-2010-cartelA orquestra París de Noia abre as verbenas na Alameda dentro do programa das Festas da Ascensión 2010

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*