En Eirón cartel de excepción

0
213

mazaricos-eiron-2010-cartelTres días de festa en Eirón, Mazaricos, con orquestras e grupos de primeira liña

Durante tres días (os dous primeiros de agosto e o terceiro, acabando o mes) a localidade de Eirón, en Mazaricos, estará de festas e ofrecerá un cartel de alta calidade para as verbenas. Orquestras de primeirísima liña como GALILEA ou EL COMBO DOMINICANO ou grupos dos máis mediáticos do momento como ALKAR ou CICLÓN serán os encargados de amenizar a festa nesta parroquia mazariqueña.

E a Mazaricos chegará de novo a festa a vindeira fin de semana: a Fervenza, coa actuación o sábado da PARÍS DE NOIA xunto coa PANORAMA. Pero ata daquela os veciños e visitantes do concello poden gozar do estupendo cartel de Eirón.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*