É unha pequenísima parte de todas as festas que hai estes días por Galicia. As festas do Carme invaden literalmente todo o litoral galego e mesmo vilas que non son mariñeiras, como As Pontes ou Zas. Son centos as celebracións festivas destes días por todo o territorio galego polo que é complicado mencionalas todas. En Festa a Festa recollemos máis de 40 propostas festeiras sen esquecernos, tampouco, do Festival Celta de Ortigueira.

De todas formas iremos aumentando estes días o número de carteis de festas de todo tipo: do verán, patronais, gastronómicas… porque Galicia no verán é pura festa!

Clica na imaxe para consultar os carteis colgados en Flickr ou accede á parte superior dereita da web. Boas festas!!!

Festa_a_Festa_2017_-_Festas_do_Carme

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*