Nova imaxe da orquestra coruñesa Foliada para a temporada 2010. Podes clicar no cartel para velo a maior tamaño
A orquestra coruñesa FOLIADA acaba de presentar a súa nova imaxe para esta temporada. Un cartel que conserva o logotipo característico da formación musical e no que músicos e cantantes aparecen en primeiro plano.
En primeiro termo e a gran tamaño posan os tres vocalistas: Raúl e Bea, que repiten, e Álex Camacho, a nova incorporación en substitución de José Luís. Pola súa banda, un pouco máis retirados pero no mesmo plano, o resto de compoñentes. No cadro de músicos hai un único cambio: o trompetista Javier, procedente da orquestra ALARMA.
FOLIADA continuará, un ano máis e xa van trinta, a ofrecer boa música e facer boa festa. No ano do 30 Aniversario de seguro que haberá sorpresas e moitas noites para bailar e pasalo ben. O repertorio variado da orquestra, no que prevalece a música de baile e verbena, fai que a orquestra sempre quede ben alá onde vaia. Por iso leva tres décadas amenizando as nosas festas… e as que quedan.