Esta fin de semana son as famosas festas do barrio da Piringalla, en Lugo; unhas celebracións que cada ano van a máis. Algunhas das mellores orquestras do momento e un recinto de atraccións de feira para os máis pequenos da casa forman parte dun programa festivo que leva a troula a este barrio de Lugo durante seis días.