Nova imaxe e nova web para o grupo Springfield

0
395

grupo-springfield-2010

Nova imaxe do grupo Springfield para 2010

O grupo compostelán SPRINGFIELD xa ten nova web e nova imaxe para 2010.

Na nova páxina de SPRINGFIELD podes atopar toda a información sobre o grupo, noticias, historia da formación musical e outros apartados que se irán completando segundo vaia trascorrendo a nova temporada.

A catedral compostelá preside o novo cartel do grupo para marcar dous aspectos: Por un lado que o grupo SPRINGFIELD é de Santiago, e por outro a celebración do Xacobeo 2010.

E sobre as fichaxes, no apartado vocal temos que informar sobre o cambio que se deu no apartado masculino: finalmente Juanma no formará parte de SPRINGFIELD e no seu lugar farao Miguel Vázquez, ex compoñente de TROCO.

O grupo quere dar un cambio nas súas verbenas dándolles un aire máis novo e menos tradicional e en palabras de Miguel Vázquez: “Esperemos que a xente disfrute do gran bombazo que pretende ser SPRINGFIELD en 2010”.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*