O grupo PLATINUM de Ribeira abre hoxe nova temporada (case) na casa. A formación musical que naceu o pasado ano actuará xunto con varios DJ e unha discotreca móbil en Exipto (Boiro), ou sexa, case na casa. Os artistas de PLATINUM comezan hoxe unha nova temporada cargada de novidades e sorpresas, e a próxima fin de semana, agora si na casa, no Malecón ribeirense, presentarán a nova temporada ante os veciños.

Unha nova montaxe de escenario, repertorio renovado e máis sorpresas segundo se desprende do vídeo promocional lanzado polo grupo para a nova temporada 2017. Está claro que PLATINUM veu para quedar, e esta noite demostrarano no campo de festas de Exipto.

En Exipto volverá soar música despois de varias temporadas sen organizarse a famosísima Festa da Xuventude que acabou desaparecendo. Esperemos que este sexa un novo rexurdir, chámase da Xuventude, da Chavalada ou calquera outro nome que lle queiran poñer, e o ano que vén poidamos estar informando doutra nova edición.

De momento, hoxe en Exipto primeira actuación 2017 do grupo PLATINUM. Boa festa!

Boiro 2017 - Festa da Chavalada en Exipto - cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*