A Coruña e a área metropolitana énchense de festas

0
411

Orquesta París de Noia - Festa da Xuventude de Oza-Teo (A Coruña) - 2009 - 001A orquestra París de Noia actuará o domingo próximo en Uxes (Arteixo) xunto coa Versalles. Podes clicar na foto para vela a maior tamaño en Flickr.

FESTAS NOS ROSALES (A CORUÑA), UXES E ARTEIXO (ARTEIXO), A BARCALA (CAMBRE), ESPÍRITU SANTO (SADA), LESA (COIRÓS), BARRIO DA MILAGROSA (CARBALLO) E PARADA (ORDES)

Esta fin de semana, na Coruña e a súa área metropolitana o que non vaia de festa é porque non quere. As opcións son variadas coma se estivésemos en pleno de mes agosto.

Ás festas do barrio dos Rosales, na cidade, hai que lles sumar dúas celebracións en Arteixo: As Flores, no corazón do concello, e as de Uxes, uns festexos que destacan cada ano pola súa calidade e un programa musical con orquestras de primeira fila.

As festas do barrio coruñés dos Rosales comezarán mañá sábado coa actuación da orquestra AMÉRICA SL e rematarán o sábado seguinte con sardiñada e a actuación da orquestra SUPERCOMBO.

Tamén en Cambre, concretamente na Barcala, estarán de festa estes próximos días. A actividade festiva pasa polo gastronómico, con churrascada (venres) e pulpada (sábado) e a actuación das orquestras ALARMA (venres), FANIA BLANCO SHOW (que toca na casa o sábado) e GALILEA para cerrar as festas o domingo con fogos artificiais.

En Sada terán lugar, pola súa banda, o I Festival Anduriña na praza Irmáns Suárez Picallo e as Festas de Espíritu Santo, do que xa demos conta estes días pasados (venres: gran churrascada e actuación de ESTELARES, sábado a orquestra BRUJAS e o domingo ACORDES).

E se queremos ir un pouco máis lonxe podémonos achegar a Lesa (Coirós), onde celebran as súas tradicionais festas por todo o alto, coma sempre: PANORAMA e JOCKER amenizarán a noite do venres e a orquestra coruñesa VERSALLES será a encargada do sábado. As celebracións acaban o domingo tamén con música.

E en canto a Festas da Xuventude, temos non moi lonxe da Coruña dúas citas o venres: por unha banda en Parada (Ordes) actúan as orquestras PARÍS DE NOIA e PHILADELPHIA e por outro lado no barrio da Milagrosa de Carballo estréanse coa I Festa da Xuventude a cargo das formacións musicais VERANO AZUL e ALMIRANTES acompañadas pola orquestra coruñesa LOS PRÍNCIPES con flamante novo escenario e novo espectáculo.

Se o tempo acompaña, a programación festeira esta fin de semana na Coruña e área metropolitana é realmente interesante.

Podes consultar o programa das Festas dos Rosales (A Coruña).

Podes consultar o programa das Festas das Flores de Arteixo.

Podes consultar o programa das Festas da Barcala (Cambre).

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*