Festas na Cachada e Morás. O concello arteixán ofrece esta fin de semana dúas celebracións.
Dúas son as celebracións en Arteixo esta fin de semana: as festas máis importantes da Cachada e Morás, que anticipan a semana que vén a Festa das Flores na cabeceira do Concello.
CICLÓN actuará na Cachada e na Festa das Flores a semana próxima. Outras orquestras que pasarán polas localidades arteixás son ACORDES, LOS ESPAÑOLES, COSTA DORADA, o dúo VINTAGE ou o grupo PACÍFICO.
Arteixo segue adiante coa súa programación festeira despois de Meicende e Uxes, e o que queda!!!