O Naseiro disposto a superar a súa propia marca

0
444

Orquesta Panorama - 2010 - 0072 - DenaCatro das consideradas mellores orquestras de Galicia e outros tantos grupos punteiros amenizan a Romaría do Naseiro, en Viveiro / © foto: roxegar 2010

A Romaría do Naseiro, en Viveiro, que comezou onte co día do polbo, ten este ano un difícil obxectivo: superar a participación do ano pasado, edición na que se superaron todas as espectativas. Miles e miles de persoas congréganse cada ano nalgún día de festa no Val do Naseiro para gozar da romaría, da acampada e da boa música.

Polo programa musical, que hoxe comeza a andar, non vai haber problema; algunhas das mellores orquestras e grupos punteiros daranse cita durante as catro próximas xornadas de festa: PANORAMA, PARÍS DE NOIA, OLYMPUS e COSTA OESTE (case nada!) xunto cos grupos MASTER, TEKILA, OCÉANO e o pontevedrés LA OCA (unha das agrupacións musicais máis contratadas este agosto, con 30 datas).

Veremos o resultado da festa, pero é moi probable que o Naseiro se siga superando a si mesmo, un ano máis.

viveiro-naseiro-2010-programa-iviveiro-naseiro-2010-programa-ii

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*