A Festa da Dorna é a festa en Ribeira por excelencia. Nin a patroa (Santa Uxía, en setembro, nin as Festas do Verán a principios de agosto -aínda que teñen moita afluencia- que traen multitude de atraccións de feira, concertos e verbenas á cidade durante cinco días), para os veciños as festas máis “familiares”, e sen dúbida para a multitude de peñas, as festas de Ribeira son as da Dorna.

Ribeira 2016 - Festa da Dorna - cartel

A implicación de todos os veciños e en maior medida da xente nova é total. Carrilanas feitas á man, aparellos de voo sen motor, o maratonaso, o desfile das charangas acompañadas das peñas por practicamente toda a cidade e un longo etcétera compoñen o groso do programa dorneiro onde non teñen cabida as orquestras, senón grupos musicais de variados estilos.

Para gozar dunha festa diferente non hai que perder a Festa da Dorna, ata o día 24 na capital do Barbanza, Ribeira.

Programa completo Festa da Dorna 2016:

cartel actividades 2016

 

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*