Na localidade de Vilaboa, na saída da Coruña pola estrada que vai a Ordes e Santiago, supéranse cada ano para ofrecer unhas festas de primeira. Hoxe por hoxe podemos dicir que son as festas máis importantes, xunto coas do Burgo (que se celebrarán en tres semanas) do concello de Culleredo.

Culleredo 2016 - Festas de Vilaboa - cartel

As festas de Vilaboa fanse grandes en todos os sentidos. Non só pola calidade do cartel festivo senón porque este ano traen un día de propina. Serán seis días de festas no entorno da igrexa (verbenas) e no campo case en fronte desta onde se montan as atraccións de feira.

Non hai máis que botarlle unha ollada ao programa para observar que este é de primeiro nivel, con algunhas das consideradas mellores orquestras de Galicia e outras formacións ben posicionadas no mundo da orquestra en Galicia: ALARMA e ARMONÍA SHOW xunto con PANORAMA e EL COMBO DOMINICANO. Ademais, este ano chega tamén a Vilaboa unha das orquestras novidade en 2016, NUEVA FUERZA.

As festas comezan hoxe venres coa actuación de diversos DJ coñecidos nos campos de festas e o espectáculo de EME MUSIC con voces en directo.

 

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*