A nova imaxe da orquestra Marbella

0
330

orquesta-marbella-2010-cartel2

Nova imaxe da orquestra Marbella 2010. Clica na imaxe para vela a maior tamaño

O novo cartel da orquestra MARBELLA 2010 xa está na rúa. Nova imaxe para unha formación musical que está no punto de mira de moitos festeiros pola gran renovación que levará a cabo na nova temporada.

A imaxe de MARBELLA preséntase moito máis moderna que nos anos anteriores, conservando o logotipo e perdendo o “apelido” LIGHTS SHOW característico. As novas fichaxes e os músicos veteranos aparecen dispostos en dúas filas e no centro da imaxe, Krystie e Irene, as novas cantantes ao lado de Víctor. Tamén nunha posición destacada, agachado sobre as letras do nome da orquestra, Xurxo Casas, a nova voz masculina que vén reforzar quizais o lado máis descoidado estas últimas dúas temporadas ao estar só Víctor á fronte do repertorio.

Aposta clara este ano en MARBELLA con incorporacións importantes, cambio de imaxe, novo repertorio e, deseguro, que algunha cousa máis. Unha das orquestras que máis expectación provoca para 2010.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*