Gala de Panorama: Bisbal non quixo cobrar, pero a SGAE si

0
157

Orquesta Panorama - II Gala Panorama contra o cancro 2009_0047.JPG

O artista David Bisbal non quixo cobrar pola súa participación na II Gala contra o cancro organizada pola orquestra PANORAMA o pasado día 30 de abril en Ordes igual que fixera nunha actuación benéfica anterior. A que si quere cobrar en concepto de dereitos de autor por unha gala a beneficio da Asociación Española contra el Cáncer é a SGAE; e parece que non é a primeira vez.

A Sociedad General de Autores y Editores baséase en que detrás de cada canción hai un autor e un editor e que a lei non permite a emisión de licenzas gratuítas. De feito, nunha anterior gala benéfica a favor dun rapaz almeriense con Síndrome de Alexander, a SGAE tamén cobrou aínda que posteriormente doou a cantidade á familia afectada.

Pero desta volta parece que non vai haber doazón á AECC xa que a sociedade diferencia claramente os organizadores de ambos eventos, no caso de Almería trátase dunha familia e no caso de Ordes, dunha empresa privada de espectáculos (Espectáculos Lito).

Aínda que o cobro por parte da SGAE sexa legal e estipulado por lei, desde fóra tamén botamos en falta un xesto por parte da sociedade de autores a favor deste tipo de iniciativas benéficas onde non hai un beneficio económico por parte dos organizadores.

Podes seguir a noticia completa na prensa: La Opinión A Coruña, Xornal de Galicia.com

Sen comentarios

  1. Los de la SGAE ya sabemos que les importa un carajo todo menos la pasta. Por cierto,las siglas significan:Sociedad General de Autores y Editores,no lo que habéis puesto vosotros. Un saludo.

Deixa unha resposta


*