A orquestra EL COMBO DOMINICANO ten esta noite unha actuación moi especial. Como xa fixeran en anos anteriores, os compoñentes da afamada formación musical traballarán hoxe a prol da solidariedade.

El Combo Dominicano 2016 - orquesta - foto

En Melide, dentro dunhas horas, a música de EL COMBO DOMINICANO converterase en axuda aos máis necesitados; é a noite na que a banda canaria celebra a súa gala solidaria, e nesta ocasión co reto de superar a cifra de 11.000 quilos acadada na temporada pasada. Axudar esta noite ao mesmo tempo que gozamos da actuación dunha das orquestras máis populares en Galicia é moi fácil. A entrada ao evento cámbiase por quilos de alimentos non perecedoiros, unha acción solidaria que se leva a cabo noutras festas en Galicia desde hai varios anos e que ten moito éxito.

Esperamos que esta noite se acaden esas 11 toneladas de alimentos e, incluso, se cheguen a superar. É o swing do Combo máis solidario!

Venres 3 de xuño, Palacio de Congresos de Melide.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*