Xa é unha cita obrigada en Betanzos e toda a comarca das Mariñas e non estamos falando do San Roque, do Globo nin dos Caneiros (que tamén o son). Hoxe toca publicar outro dos eventos importantes na Cidade dos Cabaleiros: a Feira Franca Medieval.

Betanzos 2016 - Feira Franca Medieval - cartel

O pasado ano acudiron máis de 50.000 persoas nos tres días de duración. Actividades de todos os tipos como música, cómicos, teatro, recuncho infantil, malabares, obradoiros, stands variados de gastronomía e arte e un longo etcétera que podes consultar no seguinte enlace.

http://feiramedieval.betanzos.net/html/programa.htm

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*