Cartel promocional da Festa do Mexillón de Corme
E outra festa máis en Corme, localidade que non deixa de organizar festividades gastronómicas e diversas festas populares. Lugar famoso pola súa festa do percebe do Roncudo, esta vez tócalle ao mexillón. Música de DJ,, unha sesión con música máis verbeneira da man dun dúo, e degustación do produto durante o día de hoxe. Unha boa ocasión para achegarse á pequena vila mariñeira, no concello de Ponteceso.
Cartel enviado por Xabier Pombo.