Garabás ofrece música de primeira nas súas festas

0
367

maside-garabas-2010-cartelCatro grandes orquestras para as festas de Garabás, en Maside (Ourense)

A parroquia de Garabás, no concello ourensán de Maside, está de festas durante dúas xornadas, nas cales ofrecerá música de primeira da man de catro grandes formacións musicais.

Pouco a pouco vannos chegando a Festa a Festa carteis de celebracións na provincia de Ourense, quizais a máis desatendida por que nos queda lonxe poder acudir ás súas festas e tampouco estamos ao tanto de moitas das súas citas festeiras. As de Garabás son outras festas ourensás que temos o gusto de presentar grazas á nosa amiga Vero que nos envía o cartel.

Catro serán, polo tanto, as orquestras que actuarán en dous días de festa: OLYMPUS e FANIA BLANCO SHOW, e para rematar o día 28, a PANORAMA acompañada da PONTEVEDRA.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*