É a segunda cita coa festa en Lugo. Despois de Expoverbena a pasada fin de semana, en Aceña de Olga presentan un cartel festivo para todos os públicos encabezado por unha das orquestras que presentaron temporada hai oito días no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo: LOS ESPAÑOLES.

Lugo 2016 - Festas do Bon Pastor e Santo Antón en Aceña de Olga - cartel

Para a segunda xornada contarase coa coñecida orquestra ACORDES, que presenta temporada.

O último día estará amenizado, en baile de tarde, por KALIMA 3.0.

Unha degustación de pizza para os máis pequenos, atraccións de feira, churrascada e algunha outra sorpresa completan un dos primeiros carteis festivos na cidade de Lugo. Boa festa!

 

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*