Sada vai polas sardiñas

0
473

Grupo Ciclón - 2010 - 029 - RibeiraO grupo Ciclón actuará o luns nas festas de Sada e o martes, nas da Laracha acompañado de Samba / © fotos: roxegar 2010

As festas patronais de Sada xa comezan. Despois dun calendario de actividades lúdidas, deportivas e musicais, a vila mariñeira dá comezo aos días de festa propiamente dita. Catro serán as xornadas nas que poderemos gozar da música verbeneira doutras tantas formacións musicais de variado repertorio: TV NORDÉS, CICLÓN, MARBELLA e para rematar coa gran sardiñada do día 18 (declarada de interese turístico), a orquestra SINTONÍA DE VIGO e unha espectacular sesión de fogos artificiais.

Publicamos a continuación o programa completo das festas de Sada, que competirán en calendario, entre outras, con algunhas das citas festeiras máis importantes da zona: Cambre e Betanzos.

SEMANA GRANDE

15 DE AGOSTO: DÍA DE SANTA MARÍA.

11:00h. Dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas de Meirás.

10:00h. “Concurso infantil de pesca” (de 7 a 17 anos). No porto de Sada,

no dique de abrigo. Organización e inscricións: PESCAMAR Sada, na

Avd. do Porto nº 16.

10:30h.“Carreira Pedestre San Roque 2010”, para tódalas categorías. Organizada pola Concellaría de Deportes do Concello de Sada e o Club

Atletismo Sada, no Paseo Marítimo (praza Irmáns Suárez Picallo):

10:30 para Categorías inferiores.

11:00 para Xuvenís en adiante.

12:00 Entrega de premios.

12:30h. Misa cantada a cargo do coro da Sociedade de Sada.

20:00h. Pregón das Festas, coa actriz Isabel Risco desde o Auditorio da Casa

da Cultura Pintor Lloréns.

20:30h. Concerto de Habaneras no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns:

• Coro da Sociedade de Sada.

• Coro da Lembranza.

• Coro Galego de Veigue.

• Coral de San Martiño de Meirás.

• Coral Municipal Agra das Arcas.

22:30h. VERBENA COA ORQUESTRA da TVG, dende a Praza dos IrmánsSuárez Picallo.

16 DE AGOSTO : DÍA DE SAN ROQUE.

11:00h. Dianas e alboradas co grupo de gaitas de O Castro.

11:00h. “II Paseos en Vela e Kayak” para tódalas idades. Organizado pola

Concellaría de Deportes e C.N.R.S.

Paseos en barco de vela e Kaiak. Desde a Praia de Sada.

12:30h. Misa cantada a cargo do coro Agra das Arcas.

13:00h. Procesión.

17:00h. e ata as 23:00h. Producción audiovisual “Vivamos como galegos!”.

Todos os que se acheguen poderán participar na grabación dunha

escena publicitaria e levarse algúns agasallos. Espectáculo patrocinado

por Gadis.

18:00h. Trofeo Cidade de Sada de Petanca. Pistas deportivas municipais.

Paseo Marítimo.

19:00h. Festa dos Maiores. Pequeno recoñecemento á figura dos nosos

maiores e á sabedoría e experiencia que atesouran. Actuarán:

• Banda de Música Municipal do Concello de Sada.

• Coral Municipal Agra das Arcas.

• Coro Galego de Veigue.

21:00h. Concerto da Banda Municipal de Música de Sada. Auditorio Casa

da Cultura Pintor Llórens. Concerto adicado a bandas sonoras de grandes películas do cine, con acompañamento de proxección de imáxenes.

22:30h. VERBENA COA ORQUESTRA CICLÓN, desde a Praza dos IrmánsSuárez Picallo.

17 DE AGOSTO : DÍA DE SAN MAMEDE.

11:00h. Dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas de Meirás.

12:30h. Misa cantada co Coro de Franza (Mugardos).

17:00h. Festa Infantil. Inchables, animación e festa da escuma. No xardín

do paseo marítimo, detrás da Terraza.

20:00h. VI Trofeo Sportin Sada. Sporting Sada vs Cerceda. Campo Municipal

das Mariñas.

22:30h. VERBENA A CARGO DA ORQUESTRA MARBELLA desde a Praza dos Irmáns Suárez Picallo.

18 DE AGOSTO: DÍA DA SARDIÑADA.

11:00h. Dianas e alboradas a cargo da banda de gaitas de O Castro.

17:00h. Gran Sardiñada popular no Curruncho. Precios populares. Amenizada

pola música da agrupación Queiroa.

22:30h. VERBENA A CARGO DA ORQUESTRA SINTONÍA DE VIGO desde a Praza dos irmáns Suárez Picallo.

00:00h. Sesión de Lumes de Artificio.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*