A Baña cerra hoxe as festas de San Vicente

0
442

finalA orquestra Gran Parada abriu as festas de San Vicente da Baña. Hoxe cerran Nueva Generación e Aché

Dúas xornadas de verbena en San Vicente da Baña, na comarca coruñesa do Val da Barcala. A primeira das xornadas con verbena amenizada pola grande orquestra GRAN PARADA de Rianxo e un dúo musical, ROSÁN. A estas horas deben estar cerrando a festa.

Dentro dunhas horas, xa na noite do xoves, serán as orquestras NUEVA GENERACIÓN e ACHÉ, as encargadas do cerre. Os compoñentes da orquestra de Vilanova de Arousa chegan co seu espectáculo Celebra la vida, o mesmo título que lle dá nome ao CD e mais ao videoclip dispoñibles na mesa de son da formación musical considerada revelación de 2010.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*