Un ano máis no concello de Portas organízase o “Portas Xoven”, dúas xornadas dedicadas á xuventude, con música e diversión con formacións musicais de prestixio, e un terceiro día dedicado aos máis pequenos da casa.
Na primeira xornada, que vai de orquestras, actuarán PANORAMA e PONTEVEDRA. Para o segundo día de festa a cousa vai de grupos: ALKAR e SAMBA serán os encargados da festa. Na xornada de domingo haberá actividades infantís.
Portas Xoven vaise consolidando ano a ano no calendario festeiro como a gran primeira cita festeira da zona.