Cita folk inescusable: Carballeira de Zas

0
224

zas-carballeira-2009-cartelPodes clicar no cartel para velo a maior tamaño

1 de AGOSTO. FESTA DA CARBALLEIRA (ZAS – A CORUÑA)

Hoxe o concello de Zas está no punto de mira de todos os festeiros e seareiros do folk no noso país; é o día da Carballeira de Zas, un dos festivais folk máis importantes en Galicia. O cartel desta edición non deixa lugar a dúbidas. En tempos de crise, onde os programas das festas e festivais sofren recortes, algúns deles moi importantes, a festa folk de Zas destaca pola súa calidade e organización. Entre os convidados desta ano salientan os grupos MUTHENROI e CAPERCAILLIE e así, coma quen non quere, a Carballeira foi chegando á súa vixésimo sexta edición, e de que maneira…

Sábado, 1 de Agosto do 2008

Actuarán: A partir das 6 da tarde:

– A.C. CASTRO MEDA de ZAS

– Grupo de baile DONAIRE (A Coruña)

– Banda de gaitas MARUXIA (Laxe)

– Grupo RUOTE (A Coruña)

A partir das 9 da noite:

TEJEDOR (Asturias)

CAPERCAILLIE (Escocia)

MUTENROHI (Galicia)

O SONORO MAXÍN (Galicia)

Acceso: 5€, con agasallo de CD conmemorativo do festival con 2 cancións de cada grupo.
Exposición: XXVI Carballeira, do 25 de Xullo ó 1 de Agosto, no Centro de usos múltiples do
Concello de Zas.

A organización do festival avisa de que NON SE PERMITIRÁ A ENTRADA Á CARBALLEIRA CON VIDRO como medida de seguridade.

Podes consultar a páxina web da Carballeira de Zas

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*