Música e richoada en Boiro

0
711

Orquesta Costa Oeste 2008 - Juan carlos TeranEn primeiro plano Juan Carlos Teran, unha das voces masculinas da orquestra Costa Oeste, que actuará mañá sábado xunto co grupo Océano en Mieites (Boiro) / © foto roxegar 2008

Na parroquia boirense de Mieites, en pleno Barbanza, está programada para esta fin de semana a festa anual. E como todos os anos, boa comida e boa música durante dúas xornadas festivas.

En Mieites está xa todo preparado para levar a cabo un ano máis as festas de San Gabriel. Para a ocasión están contratadas tres formacións musicais e unha exaltación gastronómica o primeiro día.

Hoxe venres richoada e música da man do grupo pontevedrés TRIUNFO, coas novas incorporacións e cambios no repertorio.

Mañá sábado tócalles ao grupo OCÉANO, coa incorporación destacada de Susi (procedente da orquestra JERUSALÉN) e á orquestra COSTA OESTE.

Desta última estamos a falar bastante ultimamente en Festa a Festa debido ás novidades continuas que ofrece a formación musical. Cambios nos compoñentes, renovación total da páxina web, creación do club de fans da orquestra, preparación de CD coa inclusión dun tema propio da formación, cambios no repertorio que se están levando pouco a pouco segundo vai transcorrendo a temporada, etc.

COSTA OESTE repetirá en Boiro a próxima fin de semana aínda que en distinta parroquia, a seguinte cita boirense será en Abanqueiro – Exipto, na II Festa da Xuventude. Pero de momento quedamos en Mieites hoxe e mañá.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*