Lalín vístese de festa ata o martes

0
422

Orquesta Panorama - 2010 - 0109 - Vilagarcía (Guillán)Panorama e París de Noia cerran o martes as festas de Lalín. Na foto, Alexandre Jurado, percusionista e showman da orquestra caldense / © fotografía: roxegar 2010

A localidade de Lalín, no corazón xeográfico de Galicia, está de festas ata o vindeiro martes. Desde o venres pasado, no que actuaron grupos rock como N-525 e ATMOSFERA 0, e ata o martes haberá multitude de actos e sobre todo verbenas con algunhas das mellores orquestras actuais.

CENIZA e NUEVA MODA foron as encargadas da primeira verbena hai unhas horas, FOLIADA e ABANICO actuarán esta noite na que, ademais, haberá unha gran sesión de fogos artificiais. O luns é a vez de dúas orquestras moi diferentes entre si pero das mellores nos seus estilos: SINTONÍA DE VIGO e ACHÉ, e para o martes, a Comisión garda a actuación máis esperada e seguramente máis multitudinaria para a edición 2010 das festas das Dores: PARÍS DE NOIA e PANORAMA serán as encargadas de poñer o broche de ouro en Lalín.

Aínda que cun orzamento máis austero, as das Dores de Lalín seguen ofrecendo un cartel atractivo para os días de celebración das patronais. O centro xeográfico de Galicia é tamén estes días a capital da festa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*