É a novidade desta edición, a orquestra santanderina ANACONDA será a encargada de abrir o espectáculo que mañá xoves 14 de abril se ofrecerá en ExpoCoruña onde actuarán, ademais da citada formación musical cántabra, as orquestras PARÍS DE NOIA e PANORAMA.

IMG-20160412-WA0001

O cartel, como nas últimas edicións do evento, é de luxo. Tres das orquestras máis afamadas do panorama verbeneiro do norte do Estado actuarán a partir das 22.30 para celebrar o V aniversario do Soho Café Coruña.

As entradas pódense comprar por adiantado en https://www.entradasatualcance.com/verbenalia-en-expocoruna/ ou en Coruña Sport Centre, en Matogrande, enriba do supermercado Eroski/center situado na praza que dá á rúa Enrique Mariñas Romero.

Será a orquestra cántabra ANACONDA, cun grande espectáculo de luz e son e unha posta en escena moi coidada, a que abrirá o evento, á que lle seguirá a PANORAMA presentando na cidade o seu “Happy Tour 2016″ con novas incorporacións no plantel de músicos, artistas e cantantes (18 no escenario), e cerrará a PARÍS DE NOIA, que presentará xa moitas novidades no seu repertorio e montaxe de cara a ir confeccionando o espectáculo final que levará no verán ás principais festas de Galicia e de fóra das nosas fronteiras.

Unha das poucas ocasións en que se poderá ver un cartel compartido entre as consideradas dúas mellores orquestras de Galicia, e desde logo inédito ao contar tamén coa afamada orquestra ANACONDA. Un luxo de proposta verbeneira.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*