Cartel das festas da Coca de Redondela. Na imaxe apréciase ao fondo o dragón verde e en primeira liña unha penla -nena vestida de branco con ás de anxo-.
Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño
“Conta a lenda que, hai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un dragón que de vez en cando chegaba á vila para levarse a unha moza á súa cova. Así o fixo varias veces, ata que os mozos mariñeiros se armaron de coraxe e un día acordaron encararse ao monstro. Así o fixeron e despois dunha dura loita saíron vitoriosos. Xa vencido, trouxérono á vila, ao mesmo tempo que liberaron as mozas que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o dragón dese os seus últimos suspiros, cando os valentes mozos, colléndose as espadas uns aos outros, empezaron a bailar arredor do dragón morto“.
A festa do Corpus ten en Redondela selo propio: A FESTA DA COCA, que se celebra desde o 10 ata o 14 de xuño na vila pontevedresa con multitude de actos festivos entre os que salientan a DANZA DAS ESPADAS e o BAILE DAS PENLAS. A primeira simboliza a loita vitoriosa dos mozos contra o dragón e o segundo é unha especie de baile infantil onde as nenas son vestidas de branco e levan ás de anxo.
Dentro dun ambiente medieval, esta edición volverá a haber mercado artesanal, teatro, pasarrúas de guerreiros, danzarinas, trasnos e fadas…, o trasno contacontos, o baile do lume, etc…
E outras actividades lúdicas máis xerais serán a elaboración das alfombras florais (mércores), o desfile da coca (xoves), competicións deportivas e verbenas.
CALENDARIO DE ACTUACIÓNS DA COCA DE REDONDELA 2009
MÉRCORES 10: ORQUESTRA LOS PLAYER’S
XOVES 11: ORQUESTRA POCEIRO
VENRES 12: GRUPO AMÉRICA E ORQUESTRA LEDICIA
SÁBADO 13: SUAVECITO ORQUESTA E NOCHE DE GALA
DOMINGO 14: ORQUESTRA LAMAS
Podes consultar o programa completo das Festas da Coca de Redondela 2009
Ai que ben!! E agradable conocer xente que lle guste a Panorama, eu 11 anos non pero 9 sendo fan si e ainda moitos que me quedan. Agradezoche o das fotos e como no si que seras mencionado haber si a xente se acerca a ver este espacio que esta moi ben. Gracias e FORZA PANORAMA