O globo do Castro (Sada) elévase esta noite

0
367

castro-grande-2

Fotografía do globo do Castro en 1984. Fonte: La Opinión A Coruña

A parroquia do Castro, en Sada, celebra estes días a súa festa por todo o alto. Hoxe é a xornada máis importante xa que terán lugar dúas das actividades máis importantes nesta celebración: a solta do globo de papel, non tan grande como o dos veciños de Betanzos pero igual de tradicional, e a queimada popular pola noite, acto que se recupera nesta edición.

Para a verbena contarase coa orquestra XENTE NOVA.

As festas comezaron onte venres coa actuación da cantante local CHELO e a orquestra cambresa FANIA BLANCO SHOW. Rematarán mañá coa actuación do dúo SON LATINO en sesión vermú e unha nova baixada de carrilanas.

As festas teñen lugar na explanada e aparcadoiro de Cerámicas O Castro, sen dúbida a industria máis famosa do concello de Sada e quizais de toda a comarca.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*