A Laracha, unhas festas que van a máis

0
403

a-laracha-2010-cartelVariedade de estilos musicais nas festas da Laracha

A localidade da Laracha (na provincia da Coruña, situada entre Carballo e Arteixo) celebra as festas patronais cun cartel moito mellor que o ofrecido o ano pasado. Moitas orquestras e grupos pasarán polo concello para ofrecer a mellor música. A música espectáculo de PARÍS DE NOIA, o repertorio bailable de ACORDES ou SAMBA, todos os estilos do grupo CICLÓN, desde as cumbias ata o heavy metal, a música verbeneira de sempre e temas de exhibición vocal e instrumental de SINTONÍA DE VIGO, temas bailables e últimos éxitos actuais de SALSA ROSA ou a música ofrecida polo grupo RÁFAGA ou a vocalista PILI PAMPÍN son os ingredientes para unha festa que, a bo seguro, ha de saír ben. Onde hai bo material non hai dúbida ningunha. Na Laracha as festas parece que van a máis. Mérito acrecentado nestes tempos de crise.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*